O rescate das gafas vermellas

A causa máis común de naufraxio de gafas de sol é o clásico despiste tonto de ollar para o mar coas lentes instaladas no pelo. Ante o afundimento dun obxeto tan persoal só queda agardar polo desenlace das tarefas de rescate das gafas do poeta.
O desafortunado suceso aconteceu fronte a lonxa da vila de Laxe pola mañán cedo, nun día de verán, deste xullo tan caluroso, rachando aquela calma relativa do peirao de Portozás, a fermosa xoia da coroa da nosa vila morena. O instinto empurroume a abordar un barco de cerco, coma se un pirata quixese tomalo control da nave, un deses barcos de cerco que ainda quedan neste mar asediado, para poder coller prestado un trueiro na proa coa intención manifesta de pescudar polo fondo do mar na procura dese tesouro mariño… xa propiedade do Atlántico.
Nada, nin rastro, algún pulpo simpático, pensei. Ata soñei con ese pulpo risitas paseando pola beira da praia coas miñas gafas vermellas decorando o seu cabezón esponxoso. Máis aconteceu axiña o milagre inesperado porque os héroes salgados asexaban dende as contornas aquela maniobra arriscada de intentar desesperadamente atopar unhas simples gafas vermellas. Si, deinas por perdidas, e marchei triste para a casa, imaxinando o pulpo gafotas escarallándose de risa.
Pero chegoume un aviso:
– Un dos patróns de Laxe ten as túas gafas de sol na súa casa. Rescatáronchas.
Xusto onde a Virxe do Carmen saca do mar milagrosamente os naufragos mariñeiros tódolos anos, ali, nese mesmo recuncho, perante da Cruz Vermella, a operación de rescate concluiu con éxito. As gafas do poeta están xa en terra firme.
Medre o mar… e viva a nosa xente mariñeira!!!
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).