Os cruceiros fecais, todo é unha cadea!!
10:43 01/02/18
Medio centenar de persoas encheron a Lareira da Fundación-Fotos de Oscar de Souto
Estimo moi oportuno que fagamos unha síntesis da importante reunión ecolóxica e socio-política do sábado 27 de febreiro de 2018. Alcaldes, oposición, ecoloxistas, especialistas, xornalistas, mariscadoras/res e personalidades costamorteñas atendemos a convocatoria de Mar de Fábula na lareira da Fundación Eduardo Pondal, e O Couto, (Ponteceso), para tratar un tema prioritario para os nosos concellos: a contaminación orgánica mariña. E quero tratar este asunto no abecedario de tódolos días para que o comprenda a veciñanza, os ausentes nesa trascendental tertulia.
E onde estaba a veciñanza ese día?
Algúns atopabânse moi liados esa tardiña porque había clases avanzadas de regueifa ese mesmo día. Outros na casa vendo tele 5 e outros moitos nos bares, empipando, coma de costume.
...
E... por que é tan importante este tema?
Pois porque a paisaxe, o turismo e o sector costeiro, marisqueo e pesca, son os últimos pilares económicos que ainda non caeron na nosa costa. Mocidade, agro, construcción, industria e outros... xa apenas queda nada. Se non coidamos do mar e da paisaxe estamos perdidos.
Cruceiro Le Soleal no porto de Brens-Foto-David Trillo Gallego
...
E logo ... a nós en qué nos afecta eso dos cruceiros?
Pois que nun ano “pasen” 130 grandes cruceiros polo corredor de Fisterra, que pasen de largo... non nos afecta en nada. O que si perturba son esas augas sucias que tiran pola borda e ademáis legalmente. Todo é unha cadea, nunca mellor dito, e esas centos de cadeas dos retretes dun cruceiro hiper-xigante son o único agasallo que nos deixan eses navios de significativas navieras internacionais. En resumen, sen facer escala, aqui só deixan a súa merda (con perdón).
...
Efectos concretos:
O especialista do Intecmar recalcou en multiples ocasións que só lles importan os resultados das analíticas que fan de cote en mariscos varios, especialmente “cousa de cuncha”. Así de claro. O demáis tíralles dun “huevo”. Evidentemente non lle van a preguntar a unha toxina se procede dun vertido incontrolado, dunha casa particular, dun cruceiro, dunha fuga dunha depuradora ou dunha granxa de porcos. As toxinas E-coli non falan. Pero todo suma para que mariscadoras/res, sector marisqueiro, restaurantes, sector turístico en xeral e arcas municipais se vexan moi gravemente afectados por unha marea vermella, o peche total dun banco marisqueiro ou pola morte dun turista estranxeiro por un empacho severo de mexillóns furtivos (por poñer un exemplo). E os sumidoiros dun cruceiro que descarga a tres millas, regulamentariamente, os seus cinco millóns de litros de pis e de caca .... eso... como non vai afectar nos análisis ?... e que non fai falta preguntarlle nada a dichosa toxina E-coli!!!!!! En toda a Costa da Morte, por moito que nos esforcemos, non producimos tanto material. Falando mal e rematando axiña.
....
Ausencias:
Podo afirmar e afirmo que só se salvou Camariñas e Malpica, e Fisterra. Presente e interesado no tema o Sr. Alcalde e a presidenta das mariscadoras/res. Suspenso para Laxe e Cabana (sen representación política de ningún tipo... nin tipa), si acudiu a Sra. Presidenta de mariscadores/ras do esteiro do Anllóns, suficiente raspado a Ponteceso porque estivo uns minutos o Sr. Alcalde, insuficiente para o resto de Concellos (algúns deles representados por líderes da oposición). Mais opino, que conste en acta, que acudirán todos na vindeira reunión, dou fe.
....
Fundación Eduardo Pondal:
Sobresainte. Polo acollemento e o trato sempre moi agarimoso.
....
Prensa:
Poñeremos un cinco.
....
Poñentes:
Sen mencionar nesta recapitulación a todos os compoñentes desa mesa de debate só quero recalcar de novo a importancia de esixir medidas para o control non só do marisco para consumo senón tamén dos residuos e contaminación, veña de onde veña, porque evitar mareas vermellas é ganar diñeiro todos/as !!!!. Así de sinxelo. E nós, o común dos mortais, só intentar non contaminar máis o noso amado mar. Amar a mar. Respetar o pouco que ainda nos queda e deixar de tirar porcalladas polo sumidoiro porque xa os dos cruceiros tiran .... m.... dabondo.
.....
Postdata:
Na reunión tiñamos un petit post comitté con lareira, larpeira, café e moi boa compañía. Animádevos a participar nas cousas que importan porque o de Belén Esteban e o de Puigdemont non creo que a nós nos solucionen nada.
Verdescentemente,
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Novas relacionadas
Outros artigos de Óscar de Souto
- A lenda das mariscadoras multimillonarias.
- Os segredos soterrados nas areas do Esteiro do Anllóns.
- Vínculos indestrutibles.
- Turismofobia: Cando o turismo é negativo.
- Caso Dunas de Laxe.
- A esencia das novidades.
- 17 de maio: Crónica dunha gran desfeita.
- Peregrinos de Autopista.
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).