Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dez anos ó servizo da comarca

Dez anos ó servizo da comarca
banner 10anosQPC

É ben coñecido por todos e todas a letra daquel famoso tango "Volver" que inmortalizara o gran Carlos Gardel:  ... que veinte años no es nada, que febril la mirada...

Pois ben, non son vinte pero o tempo pasa voando e xa van dez anos desde que un pequeno número de mozos visionarios tiveron a feliz e brillante idea de poñer un marcha un proxecto de comunicación desde o recuncho fisterrán para estas terras deixadas en tantos aspectos da man de Deus xa que parece que para as distintas administracións políticas sempre quedamos esquecidos, sexa pola nosa situación xeográfica ou polo noso cada vez menor peso demográfico.

Con escasísimos medios pero con moita ilusión foron quen de sair adiante e converter ó QPC nun medio de información de referencia para todas aquelas persoas interesadas en estar ó día do que pasa na comarca, tanto para os que vivimos aquí como para aqueles que por diferentes razóns viven agora noutras partes de España ou do resto do mundo, que no de vivir espallados polos diferentes continentes, os galegos, e sobre todo os da Costa da Morte, temos experiencia de sobra.

É impagable a labor do QPC como notario do que acontence cada día nos diferentes concellos da nosa zona. Dá igual que sexa unha nova política, cultural, social ou deportiva, sabemos que no QPC teñen sempre algo que contarnos ó respecto e por iso conta cunha lexión de fieis seguidores cada día que se informan dos últimos acontecementos. Porque un dos éxitos nos que radica o éxito do QPC é a súa frescura e inmediatez. As novas xeracións non son capaces de pensar como era a vida hai unhas décadas sen internet nin teléfonos móbiles. Na recente traxedia dos incendios que asolou boa parte de Galicia no mes de outubro deste ano, os teléfonos botaban, e nunca mellor dito, fume, con diferentes informacións e fotos do que estaba acontecendo case que minuto a minuto.

Esto que agora é o máis normal do mundo, non era tal hai cinco anos e menos aínda unha década atrás cando o QPC daba os seus primeiros pasos. Neste sentido, como vos dícia anteriormente, os seus promotores foron visionarios e creo que é de xustiza recoñecerllo ó tempo que darlle a máis afectuosa felicitación por está década de traballo en prol desta comarca. Un traballo en positivo, integrador, con pluralidade de contidos e voces de diferentes colaboradores que teñen aportado o mellor de sí mesmos nun proxecto que gran parte desta comarca sinte como algo propio por todo aquelo que representa e defende.

Para rematar, ademáis do meu agradecemento por terme permitido compartir con todos vós a miña paixón pola nosa historia, quero enviarvos os meus mellores desexos para esta segunda década de vida que agora empeza e que de seguro seguirá chea de éxitos.

 

Todos os Artigos de Víctor Castiñeira nas Firmas QPC.

 

#10anosQPC

10 entrevistas para #10anosQPC

    • David Lourido:
“Neste mundo tolo, é imprescindible construír en local”

10 artigos para #10anosQPC

Novas de Víctor Castiñeira

Fonte

Comentarios