Luns. 14.10.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra

Especial Domingo Antonio de Andrade (IX): Mestre de mestres. A influencia da súa obra

Retablo da Virxe da Barca de Miguel Romay-Foto-Manolo Vilar
Retablo da Virxe da Barca de Miguel Romay-Foto-Manolo Vilar

Desde o seu nomeamento como Mestre Maior de obras da Catedral, Andrade asumirá non só a dirección das obras senon tamén a instrucción e formación dos oficiais e aprendices que traballan nas mesmas. Os máis importantes entalladores e arquitectos do barroco galego do século XVIII formaranse con el, podendo salientar a Miguel de Romay, Simón Rodríguez, Fernando de Casas ou Lucas Caaveiro, entre outros.

O carácter polifacético e multidisciplinar de Andrade (entallador, arquitecto, orfebre, inventor, tratadista…) quedou reflectido na documentación da súa época baixo diferentes designacións, se ben podemos consideralo por riba de todo un mestre de escultura e arquitectura.

Andrade é quen acaba co retablo clasicista de ríxida estrutura arquitectónica, ordes superpostas, frontóns e ático en alto. Os seus retablos, que serán longamente imitados, vanse caracterizar por unha estrutura unitaria, popularización da columna salomónica, predominio da parte central e da disposición arquitectónica sobre a escultórica, cunha ornamentación naturista moi característica.

Fachada do Obradoiro Fernando Casas
Fachada do Obradoiro-Foto- Fernando Casas
Fachada convento Santa Clara de Simon Rodriguez-Foto-Manolo Vilar
Fachada convento Santa Clara de Simon Rodriguez-Foto-Manolo Vilar

No eido da arquitectura, as súas obras son deudoras do clasicismo aprendido con Vega e Verdugo e Peña de Toro, ós que supera amplamente para anunciar a nova arquitectura que consolidarán os seus discípulos Simón Rodríguez (barroco de placas característico da fachada do convento de Santa Clara) e Casas e Nóvoa (fachada do Obradoiro).

Tanto na arte do retablo como na da arquitectura, a figura de Domingo Antonio de Andrade é a dun innovador, renovando en Galicia as formas decorativas e de construcción. Trala súa morte, Andrade non só nos deixou unha obra extraordinaria senon tamén a súa influencia tanto directa como indirecta en todas as obras galegas de finais do século XVII e primeira metade do século XVIII, mesmo no mundo rural.

Estamos, seguramente, diante do xenio máis importante da arquitectura barroca. O uso do oco na Torre do Reloxo fai que esta sexa un exemplo único e excepcional en toda España no intre da súa construcción. Para o historiador da arte J.J. Martín González, ela foi a incomparable orfebrería de pedra de Domingo de Andrade.

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

Comentarios