Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico    

Especial Domingo Antonio de Andrade (V): Resumo biográfico    

Derradeira folla do testamento de Andrade. Orixinal no Arquivo Histórico Universitario de Santiago
Derradeira folla do testamento de Andrade. Orixinal no Arquivo Histórico Universitario de Santiago

Repasamos e actualizamos o resumo biográfico do arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade:

  • 1639: Nace na vila de Cee.
  • 1649: Morre en Cee a súa nai, Alberta López.
  • 1654-56: Estudia Artes e Cánones en Santiago.
  • 1659 (20 de decembro): bautiza en Corcubión ó seu primeiro fillo, Francisco Antonio.
  • 1660: fixa a súa residencia en Santiago de Compostela.
  • 1662 (13 de marzo): casa na parroquia de San Andrés con Isabel de Arenas (nai do seu fillo). Dez días despois nace María Josefa. O matrimonio tería aínda oito fillos máis.
  • 1662: Ingresa nos talleres artísticos da Catedral de Santiago baixo as ordes de José de Vega y Verdugo.
  • 1664 (4 de xuño): Morre en Cee o seu pai, Domingo López de Andrade.
  • 1665: Xunto co aparellador do Tabernáculo, Lucas Serrano, empeza o camarín do presbiterio para o Apóstolo. Empeza a relacionarse co Mestre Maior de Obras, José de Peña de Toro, de quen aprendería todo o relacionado co traballo da pedra e arquitectura.
  • 1666: Contrata o retablo da Capela Maior da Igrexa de Cee.
  • 1669: É nomeado aparellador menor do Tabernáculo a planta para a restauración da igrexa de Salvaterra.
  • 1672 (8 de marzo): Aparellador maior da Catedral compostelana con 50 ducados de soldo.
  • 1676 (xaneiro): Mestre de obras da Catedral, sucedendo a Peña de Toro, con 190 ducados de soldo. Comprométese a facer a Torre do Reloxo.
  • 1677: Remata o retablo relicario de San Paio de Antealtares.
  • 1678: Obras na sacristía da Catedral de Lugo e o baldaquino do Mosteiro de Oseira. Trazas para a Casa da Parra en Santiago.
  • 1679: Fai o baldaquino do altar do Sto. Cristo da Catedral de Ourense. Reparación da cabeceira medieval da igrexa de San Andrés de Zas.
  • 1680: Remata a Torre do Reloxo.
  • 1681: Trazas do retablo do convento de Santa María A Nova (Lugo).
  • 1682-83: Realiza varios traballos na Catedral de Lugo.
  • 1687: Contrata o retablo maior para San Domingos de Bonaval (trasladado en 1922 á igrexa de Santiago de Carril).
  • 1688: Remátase o retablo da Capela Maior do Rosario no convento de Santo Domingo (A Coruña).
  • 1693: Remátase o pazo para o Cabildo na Rúa Nova. Adquisición dun palio para a igrexa de Cee.
  • 1694: Antigo retablo maior do santuario da Barca (Muxía).
  • 1695: Retablo para a Confraría de Ánimas de Cee, así como un pendón,as andas para San Sebastián e unha imaxe de San Xosé. Empeza as obras de reedificación en Sto. Domingo de Bonaval: tres lenzos do claustro, fachada da portería e a escaleira de caracol. O remate total do conxunto dátase en 1705.
  • 1695: Publica o seu libro "Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura" con adicatoria a D. Ginés Fernández de Castro, Conde de Lemos.
  • 1695: Planos e trazas para a igrexa, sillería do coro e retablo do convento de Santa Clara. As obras durarían ata 1708.
  • 1699: Morre a súa dona Isabel de Arenas.
  • 1700: Acaba o Pórtico Real da Quintana, e o segundo corpo da Porto Santa. Foi ordeado presbítero.
  • 1701: Trazas da obra da carnicería de Santiago e ampliación do Colexio de Fonseca.
  • 1703: Realización da lámpara maior da igrexa de Cee (grazas á  doazón feita pola tratante de encaixes Andrés López Boo, falecido en Andalucía).
  • 1704: Construcción do transepto e capela maior da igrexa do mosteiro de Sobrado.
  • 1705: Reordenación da Praza de Platerías, coa escalinata e fonte.
  • 1707: Nomeado “mestre de obras e confrade” da Confraría de Prima (á que pertence a capela da Concepción, dentro da catedral, na que sería enterrado).
  • 1709: Inicio das obras da Casa da Conga, na Praza da Quintana.
  • 1710 (14 de xullo): Fai testamento.
  • 1711 (26 de xuño): É proposto para ocupar o posto de Mestre de Obras da Catedral, Fernando de Casas e Nóvoa (xunto con Simón Rodríguez formado nos talleres de Andrade).
  • 1712: (12 de novembro), morre en Santiago, na súa casa do barrio do Pombal.

 

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

comentarios