Martes. 11.08.2020
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística

Especial Domingo Antonio de Andrade (VII): Formación artística

Pouco despois da súa voda (1662) debe empezar a traballar nos obradoiros artísticos da catedral baixo o mando do coengo José de Vega e Verdugo, quen o instruiría en temas de arte e arquitectura.

Xa en 1663 abre o seu propio taller e ingresa no gremio de canteiros, entalladores, carpinteiros e toneleiros da cidade de Santiago.

Ata o ano 1664, formáse como entallador aprendendo o oficio da man de Francisco de Antas e Bernardo Cabreira (os mellores artistas de retablos da época).

O aparato barroco da capela maior parte do esquema de Vega y Verdugo pero a pronta incorporación de Andrade aos traballos enriquecera o proxecto acadando o resultado final que aínda hoxe podemos contemplar- Foto- Tino Viz Peña de Toro traballou con anterioridade en San Martiño Pinario, sendo o introdutor en Galicia da decoración con froitas e vexetais tan caracteríitica de Domingo de Andrade

En 1665, xunto co aparellador da obra do Tabernáculo, Lucas Serrano, recibe o encargo de facer a que se considera a súa primeira obra de importancia como entallador: a construcción do camarín do presbiterio que é o lugar ó que acuden os fieis para venerar e apertar a imaxe do apóstolo Santiago. Os seus coñecementos da madeira e a súa habilidade fan que o traballo destes primeiros anos teña que ser necesariamente tido en conta para entender o conxunto da súa obra posterior.

O seu ascenso dentro dos obradoiros da catedral é imparable e despois de encargar a madeira de nogal e castaño necesarias para a escultura do Tabernáculo é nomeado aparellador menor desta obra en 1669 ó tempo que empeza a acompañar o mestre de obras de cantería da catedral, José de la Peña de Toro, e a redactar os seus primeiros informes. Este feito será definitivo para a súa consagración posterior como arquitecto, xa que con el aprendeu o oficio na práctica.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

comentarios