Xoves. 25.04.2024
El tiempo

DiOpsTias

DiOpsTias

A Ideoloxía como sistema involutivo moderno de control gubernamental trata sobre a arte de controlar, lexislar e expresar as ideas dos demáis en base ao interés duns individuos que cobran por ofertar dito servicio a avatares con acumulo virtual de material de alto valor añadido por eles mesmos, material altamente conductor do ego como canle na virtualización circense dos seus intereses para que a gran masa humana lles otorgue poderes sobre a vida, convertíndose en semideuses vivos no Olimpo Dourado, o cal existe ao igual que todo nese mundo virtual sobreposto, imposto e posto nunhas mentes gobernadas por un só sentido desvinculado da alma vendida.

O término ideoloxía foi acuñado, formulado e inventado por Destutt de Tracy, quen orixinalmente o denominaba como a ciencia que estuda as ideas, o seu carácter, o seu orixe e as leis que as rixen, así como a relación cos signos que as expresan. Este filósofo aristocrático de orixe francés era marqués, e tras vivir a revolución francesa de 1801 entendeu a necesidade de actualizar o modelo nobiliario de control territorial aos novos cambios que se aveciñaban e a aqueles que xa se asentaran neste occidente, onde a información xa no só se acumulaba nunha rede de torreóns navegando entre garras de palomas domesticadas, e esa fuga de control precisaba dunha adaptación ás novidades e necesidades sociais… actualizando 1 de 22…

Medio siglo máis tarde, Karl Marx simplifica o término e dótao do embudo preciso para non provocar un excesivo acúmulo que desborde nalgunha revolución evolutiva que libere ao individuo do servilismo carcelario, para él a ideoloxía é o conxunto de ideas que explican o mundo en cada sociedade en función dos seus modos de producción, é dicir, o conxunto destas relacións de producción forma a estructura económica da cidade que constitue a base real sobre a que se levanta a superestructura xurídica e política e a que corresponden determinadas formas de conciencia social. A revolución industrial abre as portas do Olimpo a novos semideuses a través do poder da sobreexplotación e da maior productividade utilizando a destrucción e o saqueo da terra como novo servilismo de culto, a estructura económica é a base real da vida e por ende do individuo… actualizando 5 de 22…

Comunistas e aristocráticos, conservadores e liberales, republicanos e demócratas, esquerdas e dereitas converxen nun único punto, a Ideoloxía; a arma que lles situa ás portas do Olimpo, ás portas do poder sobre os demais, a filosofía virtual desligada de cada latexo alleo, a dictadura encuberta de control social, a Ideoloxía, a excusa na que todos se atopan, a estructura que todos defenden erixíndose como voceiros dunhas persoas que non coñecen nen lles interesa coñecer, erixíndose como lexisladores dunhas ideas para todos que parten só das súas, dos seus pensamentos e intereses, unha ola que eleva as ideas dun grupo como representativo dunha sociedade plural, “A Ola” fruto da predeterminación cinematográfica da necesidade dun líder, dun ídolo, dun heroe, dun rei de reis que nos conduzca aos pobres incautos que non merecemos pensar por nos mesmos por falta da casta necesaria… se non eres de boa familia, obtén a maior productividade ou métete nun partido para facer medrar a túa linaxe, no Olimpo outorgaranche o poder de pensar… actualizando 13 de 22…

Unha Ola que leva ao Pobo a deriva nun barco que nunca poderá guiar capitán sen a información e a labor dos mariñeiros, pois tan importante é o que interpreta as estrelas e corrixe o rumbo como o que leva o timón, tan importante é o cociñeiro que sabe o que non te mata como o barrendeiro que elimina de cuberta o que te pode matar. O mellor rumbo e o máis seguro para a túa vida non depende dun capitán, depende de cada un dos que están abordo, por iso non se precisa alguén que goberne pois o poder o voltará sordo e sen respetar ao cociñeiro morreremos de fame, sen escoitar ao barrendeiro resbalaremos na cuberta, sen escoitar ao que interpreta as estrelas estaremos sempre a deriva cun rumbo ao azar. Non se precisan capitáns nen gobernantes, precísanse organizadores, tan importantes na súa labor como o cociñeiro, como o barrendeiro, nen mais, nen menos, diferentes labores con diferentes deberes e responsabilidades nas que o pensamento e os sentidos determinen diferentes valías que deriven en diferentes deberes e responsabilidades onde os privilexios non teñen máis razón que a santificación dos egos.

Non digas eureka, diOpstias… Actualizando, non peche por favor…

Se a esta cegueira circense lle pomos unha lente social, quizais podamos ver mellor o fondo da cuestión; as dioptrías adecuadas quizais nos permitan ver a ola sen confundila con monstros mariños, pero para esto convendría un exemplo que centrase o enfoque noutras liñas que virán na seguinte publicación para non alongarme en exceso.

Agonizo de tristura perdido entre tantos eucaliptos impostos, non deixa de aturdir a miña conciencia a visión fraudulenta da recreación virtual da vida sobre unha alfombra hedonista que agocha as raíces dos nosos sentimentos, os nutrintes da nosa alma. Iste mareo a deriva convértese en medo ao navegar sen timón preto dos acantilados constantemente crecentes, muros pétreos elevándose aos altares da arquitectura social agochando a simpleza da súa base estructural no espectáculo de limitación sensorial de impronta hipnótica, cárceres onde os seres humanos entran voluntariamente escollendo o cor da súa celda, o equipo ao que apoiar e a loita a que vinculan os seus latexos e os dos seus iguais.

Entristéceme ver o mundo virtual que a sociedade xenera sobre a pel da Terra, a visión ebria que se ten dela como un moble ou unha base cementada por algún semideus. Ver a destrucción a que nos vinculamos só por manter erguido ese Olimpo, esa Atlántida moderna aTerra, e de non ser sumerxida baixo os mares ou destruida por un gran seísmo acabaría coa vida que durante miles de anos foi coidada nunha casa na que cando estás resfriado tes tomelo ou sabugueiro, cando che doe a cabeza atopas salgueiro, atopas chorima para recuperar o castigado fígado, un fogar onde sempre tes o agarimo dunha brisa, o agasallo dunha posta de sol buscando o sorriso máis interno… sémbrache un pecado que alguén maltrate a unha nai? como definimos entre irmáns o que estamos a facer coa nosa nai, coa nai de todos?

Non saio do monte pola música política senon pola necesidade da evolución e da madurez que Ela precisa de nós, está excesivamente enferma e continuamos de festa entre cantos de sereas tratándoa como un montón de entullos.

Máis artigos en “Solidarizando”

Comentarios