No Día Mundial dos Océanos, unha limpeza de praia máis, non sirve para nada
11:23 06/06/18
Foto-Juan dende o Semaforo de Fisterra
Milleiros de voluntarios, neste día tan sinalado, limparemos multitude de praias nos cinco continentes e retiraremos da beiramar miles de toneladas de lixo mariño. Pero ao mesmo tempo, entrarán nos océanos 10 millóns de toneladas ao ano, do mesmo lixo que sacamos. Temos feito dos océanos un saco sen fondo. Ou rompemos a inercia, o desleixo e a indiferenza desta sociedade mergullada no consumismo, ou todos os discursos que estamos a facer semellarán estar tocando a lira mentras arde Roma.
Unha e outra vez repítese nos medios de comunicación o mantra de que no ano 2050 haberá nos océanos máis plástico que peixes. E quen pode negar que ese momento non teña chegado xa? Como se compara unha cantidade con outra? Quén é capaz de contar os infinitos millóns de neuronas contaminadas e microplásticos que tapizan o leito dos océanos? O que si xa estamos a ver son as consecuencias . Miriadas de criaturas caóticas, froito da descomposición orgánica das neuronas e microplásticos, nun proceso de xeneración espontánea, están xurdindo dos fondos abisais do Atlántico Norte e levan tempo invadindo as praias, coídos e acantilados de toda Europa Occidental. Da man destas mounstruosas pero inofensivas criaturas e da xeneración artificial de robots, fillos da máis punteira tecnoloxía, que están sustituíndo aos humanos nos seus traballos, estamos entrando nun mundo en transición cara ao descoñecido, estamos “surfeando nas ondas dunha sociedade líquida, sempre cambiante, incerta, cada vez máis impredicible“ como dí Zygmunt Bauman.
Nesta sociedade de prisas e consumo frenético non hai tempo para nada que non sexa estar sempre en movemento baixo o ruído das pantallas dixitais e as tarifas planas. Somos alumnos aplicados cumplindo as consignas que nos lanzan os publicitarios do sistema para ser felices todo o tempo, simplemente, comprando. Xa o define, clariño, o diccionario de la Real Academia de la Lengua Española : “La felicidad es el estado de ánimo que se complace en la posesión de un bien “. Así nos vai.
Eu entendo que as Nacions Unidas quérennos dicir, cando fixan un Día Mundial dos Océanos, que temos que pararnos a reflexionar sobre a causa última da contaminación dos océanos. Estamos comprometendo o futuro das novas xeneracións. Estamos vivindo hoxe muito mellor do que vivíamos onte pero muito mellor tamén do que vivirán os nosos descendentes mañá. Estamos esquilmando os recursos do planeta coma se non houbera un mañá. Esa é a dinámica do capitalismo e da súa maquinaria. A contaminación do mar e a contaminación mental son dúas caras dun mesmo problema. O sistema necesita facer de nós, facer do mar, un sumidoiro de lixo para que a festa consumista non pare.
Eu penso, en definitiva, que as Nacións Unidas estan a lembrar á humanidade, neste Día Mundial dos Océanos, que temos que cambiar a mentalidade do mar como o Pañol Grande que atura con todas as cousas que compramos, usamos e tiramos, polo concepto do mar como a Casa Común, que temos que coidar entre todos nós.
Neste venres, 8 de xuño, coma un día máis, iremos a limpar unha praia, iremos a limpar o mar.
- Xosé Manuel Barros. Cofundador da Asociación Mar de Fábula.
Outros artigos de Xosé Manuel Barro
- A contaminación do mar e a contaminación mental.
- Ética e contaminación orgánica do mar (A modo de limiar).
- A contaminación orgánica do mar.
- Que ocorre cando tiras da cadea nun cruceiro?.
- Afloramento de algas mariñas. Canarias vs Galicia.
- A modo de brincadeira (ou non…).
- Declaración do Couto. A Limpeza do Mar.
- Indo á raíz dos problemas:
- Escala de cruceiros no porto de Brens. Que facer?.
- Porque fumos limpar a Punta Caghada.
- Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- Unha verdade incómoda.
Novas relacionadas
- Os actores involucrados debatiron sobre o saneamento e contaminación orgánica do mar ante unha gran expectación.
- Óscar de Souto: Os cruceiros fecais, todo é unha cadea!!.
Novas de Mar de Fábula
- Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza.
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Campaña “A túa casa non queda tan lonxe do mar”: Pequenos cambios, grandes resultados.
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Redacción QPC ([email protected])