Venres. 29.03.2024
El tiempo

Que facer co lixo plástico?

Que facer co lixo plástico?
praia chea de plastico A economía lineal está no ADN do capitalismo. Coller,usar e tirar é o modus operandi do sistema de producción capitalista onde o planeta é visto coma un mero contentor de potencial explotable e o mar coma un mero sumidoiro de lixo para que a festa consumista non pare. A economía circular non está no ADN do capitalismo. De aí, o fracaso do sistema actual que é incapaz de acadar un nivel de reciclaxe dos residuos que xustifique a súa pervivencia no formato actual. Qué fai Ecoembes patrocinando agora limpezas de praias? Porqué xoga ao despiste ? Ecoembes, o que ten que facer como monopolista da recollida de envases nas cidades españolas co seu sistema SIG ( Sistema Integrado de Gestión ) é mellorar e aumentar o número de contentores nas rúas para responder a cada tipo de residuo xenerado nos fogares. O que ten que facer Ecoembes son campañas públicas,verdadeiramente didácticas, para mellorar os sistemas de separación dos diferentes lixos nos fogares e superar a súa pobre ratio de reciclaxe dos envases plásticos que non chega ao 25% despois de más de 20 anos de monopolio en España. Que fai Coca-Cola organizando agora limpezas de praias ? A qué xoga ? O que ten que facer Coca-Cola é apostar polos Sistemas SDDR ( Sistemas de Depósito, Devolución e Retorno) para situar máquinas nos supermercados para recoller os envases e botellas de bebida contra a devolución de 20 céntimos por envase, como fan nos países nórdicos, onde acadan taxas de reciclaxe superiores ao 95%. Desta maneira non habería unha botella de plástico abandonada na rúa, nin no monte, nin na beira do mar. Qué fai Procter & Gamble, o fabricante máis importante do mundo en productos de cosmética patrocinando e animando aos cidadáns ingleses a limpar a súa praia favorita ? Tamén xogan ao despiste ? O que ten que facer P&G é sustituir as microperlas nos seus produtos de cosmética por axentes exfoliantes naturais como as arxilas, sementes vexetais ou minerais naturais, co fin de evitar que os microplásticos contaminen os fondos mariños e de paso, tamén a todos nós. E así poderíamos seguir con máis exemplos de puro oportunismo e de posturas de cara á galería porque agora, polo visto, limpar praias está de moda, é unha acción ambiental moi visual e que vende moito nos media. Mesmo, os sistemas de subcontratación típicos da sociedade de mercado xurden agora na limpeza e coidado do mar cando os grupos ecoloxistas pequenos que levamos anos limpando o mar a pé de praia, estamos sendo contactados por organizacións grandes estatais e internacionais. Nesta sociedade de mercado, o caso é vender. No sistema capitalista todo pasa polo diñeiro e cando nos toca no bolsillo, reaccionamos. Unha boa mostra é a prohibición de entrega gratuíta de bolsas de plástico nos supermercados adoptada no pasado 1º de xullo. Ter que pagar 5 céntimos por cada bolsa de plástico fixo que agora vaiamos, todos formaliños, a facer a compra coa nosa bolsa reutilizable baixo o brazo. Pero o problema non se resolve só con prohibicións. A contaminación dos residuos plásticos na natureza é un problema complexo que involucra, primeiro de todo, ao cidadán de a pé que ten que sacudirse a pereza e a contaminación mental que o sistema lle ten inxectado en vea. O problema involucra tamén ás institucións, aos gobernos, ás industrias e á gran distribución que é, ao final, a que máis manda. Os plásticos teñen contribuído a mellorar a calidade de vida das sociedade en múltiples aspectos pero está claro que os residuos da súa enorme producción nos teñen desbordado. Para solucionar este complexo problema, é imperativo apostar dunha maneira decidida, entre outras medidas, polo esquema das 3R´s : Reducir, Reutilizar, Reciclar. Reducir, sobre todo, nos plásticos dun só uso. Reutilizar os bens de consumo, en contra da obsolescencia programada dos mesmos. Reciclar os residuos plásticos, invertindo dunha maneira decidida, con todos os recursos económicos e técnicos necesarios, para para elevar as taxas de recuperación e recliclaxe. O sistema capitalista ten que se desprender da súa xenética depredadora de coller, usar e tirar, tanto nas cousas como nas persoas e apostar, dunha maneira honesta e decidida, pola economía circular. Se xa se está pensando en buscar vida no planeta Marte, sería bo que unha parte dese esforzo tecnolóxico puidérase aplicar a manter o equilibrio da vida no planeta Terra.

Outros artigos de Xosé Manuel Barro

“No Día Mundial dos Océanos, unha limpeza de praia máis, non sirve para nada” — Que pasa na costa  

Novas relacionadas

Novas de Mar de Fábula

Novas relacionadas Fonte

Comentarios