Xoves. 24.10.2019
El tiempo
Xosé Manuel Barros
15:59
21/06/18

Un turista de cruceiros vs un refuxiado do Cambio Climático

Un turista de cruceiros vs un refuxiado do Cambio Climático
Familia da iniciativa ACAMPA en Coruña Familia da iniciativa ACAMPA en Coruña   Do 14 ao 16 de xuño celebrouse nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, a iniciativa solidaria ACAMPA, pola Paz e o Dereito ao Refuxio polo Cambio Climático. Foron tres días de acampada solidaria con encontros e debates, exposicións fotográficas e documentais, música e obradoiros, expresións artísticas, poesía, visitas guiadas ao campamento de refuxiados e moito máis. Entre outras moitas organizacións participantes, a asociación Mar de Fábula quixo estar tamén presente por un simple exercicio de coherencia: Se durante todo o ano dedicámonos a combatir as causas do cambio climático limpando o mar, era coherente que amosáramos tamén a nosa solidariedade co dereito ao refuxio dos damnificados desta ameaza global. Quixo o azar que no primeiro día da acampada coincidíramos, a uns poucos metros de distancia, co cruceiro “Oasis of the Seas”, atracado dende primeira hora nun dos peiraos centrais do porto da Coruña. Este cruceiro, propiedade da Royan Caribbean, é unha cidade flotante con capacidade para 5.800 turistas e 1.800 tripulantes. Coma regueiros de formigas, centos de turistas deste cruceiro, moitos deles en pantalóns cortos e camisas floridas ( pensan que chegan ao Caribe), pasaron durante todo o día por diante do noso stand. Pasaban con aire ausente, sen prestar atención algunha ás impactantes fotografías que tíñamos expostas ao público da invasión do lixo plástico en diferentes praias do mundo. Nun determinado momento, lancei unha pregunta aos meus compañeiros de Mar de Fábula e veciños de stands alí reunidos: ...Cantos refuxiados polo cambio climático calculades que xenera cada un destos turistas que está a pasar por diante de nós ? Cal é a pegada ecolóxica destos cruceiros, con precio de pasaxe “todo incluído” que lles permite aos turistas inxerir a bordo inmensas cantidades de comida e bebida ao longo do día ? Na miña opinión, afirmei de maneira contundente, cada un destos turistas xenera, como mínimo, un refuxiado do cambio climático.... Non hai regla matemática que o xustifique, pero..... quen pode argumentar o contrario? De acordo coa EPA ( Axencia de Protección Ambiental dos EE.UU.),un cruceiro pequeno, con 3.000 persoas a bordo ( hai cruceiros con capacidade para 9.000 persoas ), nunha viaxe típica dunha semana, xenera 800.000 litros de augas negras e 3.785.000 litros de augas grises. Estas augas residuais son fonte de organismos patóxenos e sustancias tóxicas e, de acordo coa lexislación marítima internacional vixente, pódense descargar directamente no mar, sen tratar, sempre que sexa máis aló de 12 millas da costa. Hoxe en día navegan por todos os mares do mundo, e tamén en ríos, máis de 400 cruceiros. Neste ano, 27 millóns de turistas subirán a bordo. Os plans de crecemento desta xigantesca industria turística de masas, son de vértigo. Nos próximos 8 anos 97 novos cruceiros, cada vez máis grandes, uniranse á flota actual ( datos da CLIA, asociación que agrupa o 95% do sector). O portal “Wind Rose Network”· especializado en empregos no mundo marítimo, cita fontes que aseguran que os cruceiros son responsables do 77% da contaminación que sofren os mares e océanos de todo o mundo. Con estos primeiros datos enriba da mesa.... Quén pode negar que existe unha correspondencia entre un turista que embarca nun cruceiro e un refuxiado climático que ten que deixar a súa terra ?

Outros artigos de Xosé Manuel Barro

https://quepasanacosta.gal/no-dia-mundial-dos-oceanos-unha-limpeza-de-praia-mais-non-sirve-para-nada/  

Novas relacionadas

Novas de Mar de Fábula

Novas relacionadas Fonte
 

comentarios