Os Bombeiros de Carballo sofocaron o incendio dun cortello en Ardaña


Tiveron traballo esta noite os Bombeiros de Carballo. Arredor da 1:00h da madrugada deste mércores a xorves, un cortello situado debaixo dunha vivenda viuse afectado esta noite por un incendio. Aconteceu en Carballo, nunha propiedade situada en Estévez, na parroquia de Ardaña.
Un particular alertaba ao 112, que mandaron de contado aos Bombeiros de Carballo (unha cabo xefa e tres bombeiros), ademais de Protección Civil e Garda Civil.
O lume, que prendeu unha caldeira de leña, calcinou boa parte da estancia, provocándolle a morte a varias ducias de coellos (puideron salvar a un) e galiñas. Foi laborioso sofocar o incencio xa que almacenba a parte de moita leña, uns 3000 kilos de casca de eucalipto que houbo esparcila para sofocala ben. Tamén ventilamos ben a vivenda.
Ademais, toda a vivenda, situada no andar superior, viuse afectada polo fume. Así e todo, non houbo que lamentar danos persoais, pois os 5 membros da familia que vivían na casa saíron antes de que o lume se espallara.
Fonte
- Axega.
- Bombeiros de Carballo.