venres. 16.05.2025
El tiempo

Os vimianceses achegan máis de 3200 quilos de axuda aos refuxiados Sirios

Os vimianceses achegan máis de 3200 quilos de axuda aos refuxiados Sirios
3 toneladas de axuda de Vimianzo para os refuxiados sirios 3 toneladas de axuda de Vimianzo para os refuxiados sirios

Segue a sociedade civil da Costa da Morte demostrando unha solidariedade exemplar. Desta volta, tocoulle facelo evidente a un grupo de veciñas e veciños de Vimianzo que, en colaboración coa asociación Alhambra Internacional e o Concello de Vimianzo, organizaron unha campaña de recollida de distintos produtos co obxectivo de facerllos chegar aos refuxiados e refuxiadas sirias.

A recollida de axuda rematou o pasado domingo e a organización cualifica a inicitiva como un enorme éxito xa que foi moita a xente que se animou a colaborar e recolleron máis de 3200 quilos de axuda, principalmente mantas, roupa e produtos infantís.
Dende a organización queren agradecer o apoio e a solidariedade que demostrou o pobo de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Vimianzo

Comentarios