Outro accidente en Carballo precisa da limpeza da estrada por parte dos Bombeiros

07:29 20/07/17

Durante a mañá de onte mércores 19 de xullo, rexistrábase un novo accidente de tráfico entre dous vehículos sen feridos na AC-416, a Avda. de Malpica na capital carballesa. Un accidente que provocaba unha ampla vertedura de aceite na estrada ademais dos restos dos dous vehículos implicados.
Tiveron que chegar os Bombeiros carballeses para asegurar a zona e posteriormente realizar a limpeza da estrada afectada.


Retirada dunha árbore en Brens
Así mesmo, corrían as 12:00h da mañá cando unha árbore caía na estrada que vén do Ézaro cara Cee a altura do lugar de Brens. Tiveron que acodir os Bombeiros de Cee ata o lugar e na estrada AC 550 a carón do cemiterio de Ameixenda, para retirar unha pequena ábore invade parte do carril de baixada.
Accidentes 2017
- 18-07-17: Pequeno accidente no centro carballés.
- 07-07-17: Ferido tras sufrir un accidente na súa moto por Baio.
- 04-07-17: Un ferido tras un accidente en Serres.
- 28-06-17: Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias.
- 21-06-17: Dous feridos en Corcubión ao bater co seu coche sen carné contra un muro de pedra
- 01-06-17: Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión
- 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
- 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
- 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- li>Bombeiros de Carballo.