Piden a urxente reparación da fachada marítima de Fisterra e un contador de vehículos na estrada do Faro


Sinalización
A entidade volven insistir na necesidade de elaborar unha ordenanza que regule e harmonice os rótulos e carteis indicadores dos distintos establecementos turísticos e daqueles relacionados co Camiño de Santiago, por canto nestes últimos anos e debido ao auxe deste tramo do Camiño aumentou o número de albergues que ofertan aloxamento aos numerosos peregrins que chegan ata Fisterra, o que ten ocasionado unha eclosión de carteis anunciadores de formatos variados e colocados, en ocasións, en lugares inapropiados, que dá unha sensación de desorde ou descontrol.
Nese sentido, e dado que a imaxe é fundamental nun concello turístico como Fisterra, piden ao Concello que arbitre unhas medidas e un formato normalizado para os carteis, así como postes colocados para tal fin.
Contador de vehículos
De igual xeito, a Asociación pide a instalación dun contador de vehículos (diferenciando entre turismos e autobuses) para poder implementar os servizos adecuados e planificar a oferta turística futura de Fisterra, así, como, verificar documentalmente o número de vehículos e visitantes que chegan anualmente a este emblemático destino turístico da Costa dá Morte.
Novas relacionadas
- 27-10-16: A asociación de veciños pide a urxente restauración do retablo da igrexa de Fisterra
- 20-06-16: Contra a anárquica sinalización turística de Fisterra.
- 9-11-12: O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte".