Reanúdanse as visitas organizadas para a búsqueda de Lino Fiúza
07:12 19/02/16
Os equipos de emerxencias usaron drons para a búsqueda de Lino Fiúza nos primeiros días da súa desaparición
Ante as prediccións meteorolóxicas desta fin de semana, o concello de Carnota fai un chamamento á veciñanza así como a voluntarios de Protección Civil da zona para participar na búsqueda organizada de Lino Fiúza, o veciño desaparecido o pasado 29 de xaneiro. "Faremos unha búsqueda esquemática por zonas concretas nas que a densa vexetación impiden facer un rastrexo máis exhaustivo", asegura Ramón Noceda, alcalde de Carnota.
A casa do Concello será o punto de partida das saídas organizadas que se realizarán mañá sábado e o domingo. Os dous días haberá saídas ás 9 da mañá e ás 15:30 horas. "Un membro de Protección Civil de Arteixo, amigo da familia, será o que coordine os grupos xa que ten unha ampla experiencia en labores de rescate e desaparicións".
Ramón Noceda pide a colaboración da maior cantidade de xente posible co fin de que se consiga atopar ao veciño de Carnota.
Novas relacionadas
- 11-02-16: Continúa a busca do veciño de Carnota desaparecido o pasado 30 de xaneiro
- 04-02-16: A familia do desaparecido de Carnota denuncia a falta de medios humanos para rastrexar o monte
- 02-02-16: Carnota suspende o Entroido en solidariedade coa familia de Lino do Corbeiro
- 01-02-16: Máis de 80 persoas participan na búsqueda do septuaxenario desparecido en Carnota
- 30-01-16: Continúa a busca de Lino do Corbeiro polos montes de Carnota e Muros
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)