Santa Comba colleitou 156 doazóns en 2 días

10:13 31/08/16

156 doazóns de sangue en 2 días de pleno verán. Toda unha marca que demostra a solidariedade da veciñanza xalleira e o ben que funcionou a campaña de concienciación do Concello e o Centro de Transfusión “Súmate. Doa Sangue”.
Así, en apenas 2 días de visita do bus da doazón, alcanzaron a cuarta parte das doazóns de todo o ano pasado, superando con 68 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Santa Comba conta con 1.426 doadores censados, que realizaron 10.557 doazóns de sangue dende a primeira visita dunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia en novembro de 1993.
Novas relacionadas
- Santa Comba tamén doa sangue en verán.
- O 15% dos carballeses son doantes de sangue.
- Carballo invita aos veciños e veciñas a doar sangue
- A campaña Fisterra Doa repunta o número de doazóns
- O alumnado do IES Fin do Camiño poñen en marcha o Fisterra Doa
- Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)