Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza


A do pasado luns si que foi unha xornada práctica de “Coñecemento do Medio” para os 108 alumnos de infantil e primaria do CEIP de Zas que participaron na Xornada de educación ambiental “Montes e mar” organizada polo Distrito Forestal V Fisterra da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia coa colaboración de Xosé Manuel Barros, a alma e a forza da activa entidade Mar de Fábula.
Menuda sesión se pegaron de paisaxe de montes e mar, baixo un ceo acolledor que convertía a singular vila de Santa Mariña, en Camariñas, nun escenario ideal para sementar no corazón dos máis pequenos, das futuras xeracións de galegos, unha mensaxe de sensibilidade, respeto e amor pola nosa natureza.

A xornada comezaba cos pequenos de infantil coñecendo o valor das árbores, para o que puideron sementar landras de carballo nos recipientes aportados por cada alumno, nun substrato preparado a tal fin.
Ao mesmo tempo, nunha acción ambiental máis complexa, aplicando a lei de incendios para o afastamento de especies pirófitas a máis de 30 metros a contar dende a liña do límite do núcleo rural, procedeuse, nesta faixa, á instalación de especies caducifolias coa participación dos alumnos de primaria e, de acordo sempre, coas normas que marca a lei.
Sobre o mediodía, dende o peirao de Santa Mariña, podíase divisar ao lonxe unha fermosa ringleira de nenos, baixando dende o alto, serpeando pola estrada abaixo. “Escoitábanse voces e vida. Era como ver de novo aquela película O albergue da sexta felicidade”, cóntanos o propio Barros coa ilusión que sempre desprende.

Na area, arredor dos animais de plástico recén saídos do fondo do Atlántico, Mar de Fábula contoulle aos nenos a fábula das criaturas caóticas. Nunha linguaxe axustada á súa idade, Barros explicoulles a importancia de coidar o mar, de non deixar nada na area cando van á praia, de non contaminalo. Contoulles que aquel mar que xontemplaban e a súa ribeira, tiñan que ser unha parte importante do seu futuro.
Ao remate das actividades, os autobuses trasladáronos á area recreativa do Ariño onde disfrutaron dun xantar ao aire libre, á sombra dun día de sol que quixo tamén aportar o seu.
Todo para pechar unha auténtica sesión práctica de amor pola nosa contorna.
Novas relacionadas
- Hoxe, a península de Touriñán adéntrase un pouco máis limpa no mar.
- Salvamento de lixo en Punta Caghada:
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Pequenos cambios, grandes resultados.
- Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula
- Mar de Fábula e RetoqueRetro expoñen no CEIDA a mostra “Cos Pés na Area”
- Mar de Fábula continúa co traballo de limpeza de praias
- A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Mar de Fábula