mércores. 30.04.2025
El tiempo

TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco

TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco
Rolda Prensa TeGa Coristanco 2 Rolda Prensa de TeGa Coristanco

Pouco cambiou a situación arredor da moción de censura dende a semana. O PSdG Provincial instaba a anulala á comitiva local, pero segundo o propio candidato á alcaldía, o único edil socialista do pleno Abraham Gerpe, recoñece que a cousa está na mesma situación. “Terá que decidir a militancia local, que foron os que mandaron facela”, indica Gerpe.

Mentres, o actual alcalde, Amancio Lavandeira, daba unha rolda de prensa esta mañá de luns 21 de agosto, compañado polo Secretario da Mesa Nacional de TeGa, Guillermo Sánchez, o voceiro de Vimianzo Roque Lema, que tivo un caso semellante, e que mesmo foi expulsado do PSOE; e Manuel Andrade, o Secretario Comarcal do partido. Deron o punto de vista do partido da situación sobre a actitude dos dous partidos protagonistas da moción (PSdG e PP).

Deron explicacións das “falsas acusacións” que botan os dous partidos como argumentos para a moción. Pero valoran que ”isto non obedece a intereses xerais, e a verdade non creo que a verdadeira motivación desta moción saia á luz pública”. En todo caso, critican por enriba de todo “o silencio do PP, para min sería escandaloso que sigan sen dicir nada. Como explican ante a súa militancia o interese de que 6 concelleiros do PP entreguen a alcaldía a un só edil do PSOE?”, pregúntase Lavandeira, que destaca que “a moción se fixo de costas á organización do PP, que se enteirou da moción pola prensa”.

Con respecto ao PSOE, TEGA pregúntase “que significa ser abandeirado contra a corrupción como se califica o PSOE, apoiando un investigado con Pensado Plágaro”. E lembrou “o Auto dictado polo Xulgado de Instrucción Núm. 1 de Carballo no que se mantén a imputación do exalcalde Antonio Pensado Plágaro e os 3 Administradores dunha empresa do Concello polos presuntos delitos de prevaricación, tráfico de influencias, fraude e falsedade documental”.

O propio alcalde recoñecía que apenas “uns minutos antes da rolda de prensa chamáronme da Provincial do PSdG e me garanten que van instar a Abraham Gerpe a que retire a moción. Do contrario emitirán un novo comunicado, deixándoo fóra do PSdG”, e facendo así imposible a moción, tendo en conta a nova lei de partidos. Por iso espera que os dous partidos saian desta “situación de enrocamento e que rectifiquen a tempo”.

”Incongruencias e falsos argumentos”

Critican que a oposición argumente a “situación de parálise e desgoberno” de Coristanco, considerando que é unha aprezación falsa, mentres saca peito polos datos económicos municipais. Asimesmo contabilizan en 70.000€ as subvencións que puido ter perdido este goberno, e non o millón de euros que si a oposición.

Tega tamén considera falsa a acusación de “autoritarismo” do alcalde, sinaalndo que “as portas están abertas a todos os veciños.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios