Un ano de loita pola pesca artesanal dende a Costa da Morte
 
           Mareas de xente apoiando a mobilizacion pola pesca de baixura no porto de Fisterra
 Mareas de xente apoiando a mobilizacion pola pesca de baixura no porto de Fisterra
Segue o cerco en loita, pero a problemática da pesca artesanal da Costa da Morte segue sendo un asunto de primeira orde, pola incidencia socio-económica deste sector na nosa bisbarra. E a súa loita non cede, e xa vai un ano dende que a confraría de Corcubión artella, cada mes e de porto en porto, unha mobilización pola pesca de baixura. En todo caso, por mor das eleccións estatais, van deixar as concentracións para o ano que vén.
Desta volta, o pósito corcubionés convocou a concentración que celebraba o primeiro ano de mobilizacións en Fisterra. A saída comezou no peirao e deuse un percorrido pola vila. A xente foi acompañada de pancartas, co propósito de queimar unha embarcación en representación a destrución da costa e dunha forma de vida tan arraigada na nosa comarca, como é a pesca. Porén despois de quince días de trámites e “papeleo” coa Subdelegación do Goberno e con Portos de Galicia, onte a última hora recibían na Confraría de Corcubión unha notificación das autoridades pola que se lles prohibía realizar a queima. Polo que non foi posible terminar como tiñan previsto.
 O barco pola pesca sostible non puido ser queimado en Fisterra
 O barco pola pesca sostible non puido ser queimado en Fisterra
 Pola pesca de baixura en Fisterra
 Pola pesca de baixura en Fisterra
Contaron coa presenza, ademais de ducias de mariñeiros e familiares da zona, dos alcaldes de Fisterra e Corcubión e Juan Fajardo da AGE, que amsaron o seu apoio e descontento coa situación actual da pesca. Son moi boas palabras dende o sector político, pero a realidade é que por agora non houbo un só movemento a favor da pesca artesanal nos Parlamentos.
Así o denunciou o Patrón Maior corcubionés, José Domínguez Buiturón, que enfocou o seu discurso criticando a pesca de arrastre, pola súa agresividade cos fondos mariños. O Patrón lembrou as esixencias da Unión Europea ca sostibilidade, pero recoñeceu que “da teoría á realidade hai un treito ben longo”, lamentando que o sector político apoie á pesca artesanal sostible por diante dos arrastreiros, que “capturan miles de quilos diarios, sen reparar nin discriminar o que entra nas súas redes”; ou mesmo á acuicultura, moito máis apoiadas polas autoridades españolas.
Un ano de imaxes
 Un ano de manifestacións pola Pesca de Baixura na Costa da Morte
 Un ano de manifestacións pola Pesca de Baixura na Costa da Morte
Novas relacionadas
- 16-11-15: Camariñas tamén se move polo Cerco.
- A mensaxe do mar chega en botella.
- Outubro 15: Corcubión tamén sae de marcha pola Pesca Artesanal.
- Xullo 15: Unha manifestación por mar contra a pesca do arrastre.
- Xullo 15: As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte.
- Xuño 2015: A marea de mariñeiros volve alzala voz en Fisterra contra o arrastre.
- Maio 2015: Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal.
- Decembro 2014: : Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- Novembro 2014: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- Outubro 2014: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
Máis novas
- Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU.
- A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Confraría de Corcubión.
 
       
       
             
             
         
           
          