Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión
    11:14 10/02/16 
            
                  Unha persoa resultou ferida na mañá de hoxe a consecuencia dunha colisión por alcance entre dous vehículos que tivo lugar sobre as 13 horas en Corcubión.
Unha ambulancia do 061 trasladou o ferido ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee aqueixado dunha forte dor nas costas. Ata o lugar dos feitos desprazouse o equipo de bombeiros de Cee que se encargou de recoller os restos dos vehículos que se atopan na estrada e colabarar coa grúa na retirada dos coches.
Ésta está sendo unha semana especialmente tráxica nas estradas da Costa da Morte despois de que o pasado luns falecese nun accidente de tráfico a xoven Paula Sueiro en Agualada e que onte á noite se rexistrasen dous atropelos, un en Baio e outro en Cee.
Novas relacionadas
Fonte
Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
Bombeiros Cee
 
                
                               
       
       
             
             
         
           
          