Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión


Continúa a sangría nas estradas costeiras. Nas últimas dúas semanas levamos case tants falecidos en accidentes de tráfico que en todo o 2015. Xa levamos 4 falecidos dende a tráxica morte de Paula Sueiro hai pouco máis dunha semana, mentres que en 2015 puidemos contabilizar 5 de accidentes ou atropelos mortais nas nosas estradas.
A última vítima foi un home duns 76 anos, natural de Nemeño, Ponteceso, que foi arrollado cando viaxa na súa motocicleta por un camión, de novo, como a pasada semana, da empresa López Cao. O accidente produciuse pasados uns minutos das 10:30 horas de hoxe, cando os vehículos circulaban á altura entre Xoane e Cances, no termo municipal de Carballo.
O alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, indicou que no momento de producirse o accidente, o camión –de transporte de materiais de construción- ía baleiro. Así, de contado, o persoal do Centro de Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas que, só puideron certificar o falecemento da persoa. Tamén, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e os Bombeiros de Carballo foron informados do suceso polo 112 Galicia.
Mañá complicada en Bergantiños


Cóntanos Javier Souto, responsable de Protección Civil de Carballo que foi unha mañá complicada. Xa a primeira hora da mañá tiña lugar en Entrecruces un accidente na DP-1914.
Cando estaban alí foi cando souberon da nova do accidente mortal en Xoane, pero de contado foron avisados por un incendio en Coristanco, e outro na Rúa Abetos da capital municipal carballesa.
Novas relacionadas
Accidentes 2016-2015
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Outubro 2015: Fin de semana de accidentes nas estradas costeiras, mesmo cun falecido.
- Setembro 2015: Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión.
- Xuño 2015: Falece unha veciña de Lires nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Maio 2015: Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco.
- Abril 215: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Axega