Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa

13:32 25/06/16


Emoción, risas e premios


Recoñecementos
Comezou a rolda de recoñecementos despois de que Alberto Pose, membro da familia QPC, fixese os agradecementos pertinentes e reincidise na nosa intención de seguir unindo o sempre disgregado Fútbol da Costa. Foi el o que fixo entrega dun detalle a Jorge Parri, a cara máis coñecida do noso deporte.



2 premios á Base


Pichichis e Zamoras
Geiko, Adrián Makaay (por primeira vez), Basti, Noé, Bugy e David Insua subiron a recoller os premios pichichis e porteiros menos goleados. Foi o momento da entrega do Premio Alex Pombo ao Porteiro menos batido da 1ª e Preferente, que entregou José Ramón Pombo, o irmán de Álex, a David Insua, do Sofán, un dos momentos da noite.





Premio Calvo 11 ideal
Menudo 11 ideal que subiu ao escenario… Equipazo. A ver se este ano conseguimos un partido do Combinado contra un dos grandes equipos de Galicia.








O Premios Gordos
Arrasaron os Rapacollóns na votación do Premio Vértebra á Mellor Afección. Volveu gañar o Sofán o Premio Ferroatlantica á Mellor Directiva. Manolito recolleu o primeiro dos grandes premios para a familia do Soneira, o Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador. De seguido, subiu o presi soneirán, para recoller o Premio Santitel ao Mellor Equipo tamén ao Soneira. E foi Adrián Makaay o que recolleu o seu terceiro galardón da noite, o Premio Clínica Sar ao Mellor Xogador da Temporada.




Dous fermosos detalles con sabor a MZ


Agradecementos
Temos que agradecer a colaboración fantástica do Concello de Mazaricos, comezando polo alcalde, Xoan Blanco, que apostou dende o principio por este evento, así como os técnicos Nito Estalote como Suso Jurjo, que co seu traballo incansable fixeron que todo saíse estupendamente. Temos que agradecer a colaboración de Fran Hermida e Federico Pérez, dous auténticos profesionais que guiaron unha gala longa pero amena e divertida. Temos tamén que facer mención aos Rapacollóns, e a ese Bebeto, a cabeza pensante, sempre disposta a levar a arte fisterrá polo mundo. E por suposto, aos máis importantes, eses patrocinadores que fan posible estes eventos: [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/995383173913673/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]A Gala do Fútbol da Costa
- O Nominados á III Gala dos Premios do Fútbol da Costa-QPC 2015/2016.
- Os 100 Candidatos aos Mellores do Fútbol da Costa 2015/2016.
- Álex Pombo e Abdoulaye protagonizarán os momentos emotivos da Gala do Fútbol da Costa-QPC.
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- Copas Base: Fisterra e Dumbría amosaron o seu poderío.
- Crónica do Ascenso do Zas: Xustiza e gloria para o Zas.
- Sofán, Outes e Cee, campións da #CopadaCosta de F8.
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)