xoves. 01.05.2025
El tiempo

Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco

Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
Veronica Facal deixa Terra Galega de Coristanco Verónica Facal deixa Terra Galega de Coristanco

Vai ficando só ante o perigo o alcalde de Coristanco. Amancio Lavandeira comezaba o seu mandato en 2015 arroupado por un completo equipo de goberno, e dous partidos. Dous anos despois quedou sen os apoios dos PSdG e BNG, e esta mesma tarde vimos de coñecer que xentes do seu mesmo partido marchan do seu grupo municipal.

Así o anunciaba a Concelleira de Xuventude e Deportes, Verónica Facal, que vén de tomar a “decisión irrevogable de deixar de pertencer ao Grupo Municipal de Terra Galega no concello de Coristanco”. Iso si, Facal continuará “defendendo os intereses xerais dos veciños deste municipio como concelleira non adscrita”.

Facal explica varios motivos, destacando “as diversas discrepancias que manteño co alcalde, Amancio Lavandeira, e cos demais membros do grupo sobre a xestión que se está a levar neste concello”. Afirma ademais que considera “un distanciamento do proxecto co que nos presentamos ás eleccións, e que non se están a cumplir as promesas que lle fixeron aos veciños na campaña electoral”.

Unha deriva para a que Facal non percebe “vontade nin de escoitar nin propósito de cambio, despois de expoñer en reiteradas ocasións o meu descontento”.

Con todos estas idas e vidas, non é de estranar que o apartado “Corporación” da web municipal estea sempre “en mantemento”

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios