Venres. 05.06.2020
El tiempo

CABANA

A aventura de música e patrimonio de Fernando Fraga leva a Vivaldi ata a Catedral do Megalitismo

Espectacular o novo vídeo de Fernando Fraga. O acordeonista ceense segue espallando a música clásica aproveitando o patrimonio da Costa da Morte. Xa nos tocou a Albéniz no Castelo de VImanzo, a Bach na Capela do Pilar de Corcubión no a Scarlatti no Museo Fernando Blanco de Cee e mais no ou a Angelis no Museo da pesca de Fisterra

Desta volta, nesta aventura que mestura música e patrimonio, e co apoio de Marco Lado, desprazouse ata o Dolmen de Dombate para gravar, acordeón en man, un fragmento da obra universal "As catro estacións" de A. Vivaldi.

Fernando ademais fai de xornalista e entrevista con Jorge, un dos guías do Centro Arqueolóxico, sobre as razóns para que o de Dombate sexa considerado o dolmen máis importante de Galicia, as súas pinturas de máis de 5.700 anos de antigüidade.

Ademais, da man de Marco, fainos unha viaxe pola marabillosa Ruta dos Dolmenes.

Novas relacionadas

A aventura de música e patrimonio de Fernando Fraga leva a Vivaldi ata a Catedral do Megalitismo