Martes. 05.11.2024
El tiempo

Cabana

O BNG cabanés pediu, vía enmenda aos Orzamentos da Xunta, un pantalán

O BNG continúa presentando, concello a Concello, enmendas aos Orzamentos da Xunta para este 2024. Uns presupostos que segundo o BNG "representan tan só unha cuarta parte do que realmente se necesitaría para impulsar o desenvolvemento de Cabana". 

O BNG presentou unha enmenda que propón a construción dun pantalán para embarcacións de recreo na zona para a zona da ribeira do Anllóns. Esta medida busca ofrecer unha oportunidade de crecemento tanto para a veciñanza como para o sector turístico. "A inversión limitada en Cabana non reflicte as necesidades reais da comunidade, mentres que a proposta do BNG procura impulsar un cambio significativo que beneficie a todos e todas as veciñas".

O deputado Daniel Pérez recoñeceu que o propio PP da Xunta rexeitou a enmenda presentada polo BNG. 

Ademais, a voceira Tatiana Rodríguez explicou que tanto o seu grupo como o propio PP local levou unha iniciativa semellante no seu programa electoral.

O BNG cabanés pediu, vía enmenda aos Orzamentos da Xunta, un pantalán