Mércores. 03.03.2021
El tiempo

Camariñas

Belem Tajes presentou por streaming o seu libro "Cantos do Mar de Irlanda"

Este pasado sábado a arxentina-camariñá Belem Tajes fixo a presentación en streaming do seu primeiro libro. Aproveitando estes tempos de parón musical, e co ánimo de seguir “enviando música polo mundo”, púxose a poñer orde a aquela viaxe que fixo en 2016 a Irlanda, dando a luz este fermoso documento.

Un libro, este “Cantos do Mar de Irlanda” do que só saen 100 exemplares nesta primeira edición, e que podedes atopar en belemtajes.gal.

Como dicimos, o libro nace en 2016, nunha viaxe no marco dun proxecto europeo entre países da Costa Atlántica Europea con linguas minorizadas. “A Mesa pola Normalización Lingüística abriu unha especie de concurso e saín eu seleccionada para facer a viaxe, co obxectivo de promocionar a creación artística lingua e celebrar a diversidade lingüística entre Escocia, Gales, Euskalherría, Frisia, Cornualles, Irlanda e Galiza”.

O proxecto TOSTA (podedes ollar o interesante documental na rede) (nace dunha palabra con raíz común en todas as linguas linguas que vén a significar bancada nun barco), tivo o ollo sempre posto no mar, e se fixeron numerosos festivais itinerantes como bos exemplos do intercambio cultural entre estas nacións .

”Estiven un mes e pico en Eire, cunha titora que me ía guiando. Coñecín moitos cantores e gravei unha marea de cancións, todas vinculadas ao mar. Deseñei o libro, en vez de libro disco, adxuntei un código QR coas músicas, unha forma máis ecolóxica de compartir a música”.

A música en solitario

Mentres a súa carreira en solitario “vai pouco a pouco. Estou gravando un tema moito da Costa da Morte, que se vai chamar “Comarea”, que presentarei en febreiro, como o segundo adianto do disco, que espero que estea listo para a primavera”.
“O disco vive das dúas beiras da Costa da Morte e onde eu nacín, en Arxentina, con cancións en galego e en castelán, moi vinculado co mar”, adíantanos.

Novas de Belem

Belem Tajes presentou por streaming o seu libro "Cantos do Mar de Irlanda"