Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballo

As bergantiñanas Do Rivés cántanlle a Baldomero

Xa está na rede Baldomero, o novo traballo de Do Rivés. A banda de “trad” formada polas bergantiñás Jenni Felpete Iglesias, Hadri Felpete Iglesias, Alba Freijeiro Senande, Elena Verdes Veiga e Paula Vilela Vigo (de Muxía), trae este arranxo feito sobre melodías recollidas a Baldomero de Palleiro, cantareiro de Beo, e que foi o avoíño do grupo.

Baldomero é un berro de aleghría dende o máis alá por parte de todxs aquelxs artistas, cantareirxs, músicxs, bailadorxs... que xa non están”, sinalan as artistas.

O tema conta coa colaboración de Andrés R Boutureira.

As bergantiñanas Do Rivés cántanlle a Baldomero