xoves. 02.10.2025
El tiempo

Carballo

Carballo xa leva máis de 1.000 composteiros repartidos

Segue a compostaxe caseira medrando na comarca de Bergantiños. Así o refrendan as cifras do Concello de Carballo, que conta con 1.121 familias practicando a compostaxe na zona rural, un 80% máis que hai catro anos. 
´ómpre lembrar ademais que Carballo foi un concello pioneiro en Galicia na implantación da compostaxe doméstica, que comezou cunha experiencia piloto que se puxo en marcha a finais do ano 2014

Este programa de compostaxe caseira, formulado para a creación de abono para as propias casas das zonas rurais, é paralelo á iniciativa “Ti tes a chave”, que se desenvolve na zona urbana con máis de 1.500 participants.

As persoas interesadas só teñen que cubrir o impreso que aparece ao final desta nova e presentalo de xeito presencial no Rexistro Municipal, na planta baixa da casa do concello, ou de xeito telemático a través da Sede Electrónica, en carballo.gal. O único requisito é dispoñer dunha parcela de 50 metros cadrados como mínimo.

O Concello de Carballo non só facilita os composteiros de balde ás familias interesadas, senón que tamén lles entrega un aireador e unha malla para toupas, e, fundamentalmente, un programa de formación e seguimento personalizado.

Carballo xa leva máis de 1.000 composteiros repartidos