Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo

Un repaso audiovisual á Semana da Música do IES Parga Pondal

Que a música forma parte do ADN do IES Parga Pondal xa o sabíamos tras escoitar o I’m a belliever, o o Vive la Vida de Coldplay ou o singular bolero de Antonio Machín.

Pero este curso volvemos a comprobalo coa celebración da III Semana da Música, artellada polos mestres Vanessa e Ángel. Xa pasaron unhas semanas, as que necesitaron os responsables para editar todo o material gravado durante aqueles días.

Foron de feito, @s rapac@s de 2ª de Bacharelato (Mencía Barca Amado, Lucía Ceán Suárez, Valeria Ramos Busto, Alejandro Couto Nicolau, xunto con Xairo Campos Blanco) @s responsables da montaxe dos vídeos de varios obradoiros como o de Artes escénicas e danza a cargo de Marián Montes Fernández, o de instrumentos na música impartido Paulo Padrón Santamarina; o de percusión corporal e con instrumentos musicais e obxectos cotiás ofrecido por Isabel Diego Calviño, o de musicoterapia receptiva con cuencos de cristal de cuarzo dado por Iria Rajal, ademais das as actuacións do alumnado do IES para o peche da semana.

Novas relacionadas

Outras novas dos IES

Un repaso audiovisual á Semana da Música do IES Parga Pondal