xoves. 16.01.2025
El tiempo

Carballo

A Sinfonía Bergantiños, o novo himno carballés

O Concello de Carballo encargara a Sergio Moure a Sinfonía Bergantiños, coa intención de convertelo no himno municipal. O pasado 19 de xuño, no marco do San Xoán foi estreada cunha espectacular posta en escena na praza do Concello a cargo da Orquestra Sinfónica Gaos. E xa podemos gozala na rede!

 

A sinfonía remata cun movemento dedicado a Carballo no que cobra especial protagonismo a música tradicional. Por iso, para levala ao escenario contamos coa colaboración dos alumnos do Conservatorio profesional de Música Manuel Rey Trigo (lira e pandeiro) e Valentín Porteiro Rodríguez (gaita), co zanfonista Luis Bolón e cunha vintena de cantareiras das agrupaciones Arume, Nemeth e Escola do Alprende.

 

A Sinfonía Bergantiños, o novo himno carballés