Por segunda vez, o centro educativo IES Fernando Blanco de Cee celebra con orgullo o éxito de gañar o concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais sobre o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este prestixioso certame, convocado pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, recoñece a creatividade e o compromiso do alumnado para loitar contra esta problemática social.
O videoclip Efecto Dominó é unha creación propia colectiva que pon o foco na violencia machista exercida no ámbito dixital, desde o ciberacoso ata a difusión de contidos privados.
A peza creada e interpretada por alumnado de 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas (Sharay Caamaño, Iván Fraga,
A narrativa visual combina escenas cotiás con imaxes simbólicas, como teléfonos móbiles caendo como fichas de dominó, representando o impacto continuo das redes sociais. Estas escenas reflexionan sobre o papel de cada persoa na propagación ou na interrupción desta cadea de dor e opresión. O traballo culmina cun chamamento colectivo: "Ao efecto dominó da violencia machista, eliminemos a ficha".
Revalidar este premio na modalidade audiovisual por segunda vez subliña o compromiso do centro coa igualdade e a educación en valores. O éxito de Efecto Dominó demostra que a combinación de talento, arte e conciencia pode ser unha poderosa ferramenta para inspirar cambios positivos na nosa sociedade.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro día 21 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.