Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cee

A rapazada do Manuela Rial fai un canto de solidariedade

Segue deixando cousas máis que fermosas esta corentena. Máis dun cento de alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee protagonizan un emotivo vídeo en catro idiomas para agradecer o labor dos distintos colectivos sociais e animar á xente a seguir nas súas casas durante este período de confinamento por causa do coronavirus.

Unha fermosa demostración de coordinación e implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e as familias) para que esta iniciativa solidaria, saia ao mundo e “supoña unha inxección de moral a nivel xeral para estes duros momentos polos que está pasando toda a sociedade”, como recoñeceu o director Jesús Sánchez.

A rapazada ceense, confinad@s, pero máis unid@s que nunca utilizan o mítico “We are the World”, como canto á solidariedade e á esperanza.

A rapazada do Manuela Rial fai un canto de solidariedade