Xa está chegando ás librarías “Gramo Stendhal”, o último poemario individual de María Lado. A poeta ceense está moi activa estes días, pois ademais presenta, coa súa #parelladeescea Lucía Aldao, a gala Youtubeir@s.
Este é o #booktrailer, feito por Nacho Morán, do libro editado por Apiario no marco da súa colección Cera Labrada. Conta co deseño de Mauro Trastoy.
”O poemario foi escrito, en parte, durante o confinamento, cando tiña máis tempo libre, pero non trata sobre iso. Recolle un par de textos anteriores, publicados na antoloxía de Aldao-Lado presentado hai pouco “Ninguén morreu de ler poesía”, pero en xeral son textos moi diferentes aos que tiña publicados. Teño moi aprezo por este libro”, cóntanos.
No libro hai un par de poemas que visitan á Costa da Morte. “Cítase á fábrica, porque trato de explorar a relación co territorio que sentimos os que tivemos que marchar e ás veces sentimos que non somos de ningún sitio, e eu falo da vivenda da miña familia en Brens”.