Domingo. 07.03.2021
El tiempo

600 achegas afianzan [email protected] como o gran evento dinamizador da rede en galego

Aldao Lado cos Youtubeiros
Lucía Aldao e a ceense María Lado presentarán a Gala [email protected] na rede
600 achegas afianzan [email protected] como o gran evento dinamizador da rede en galego

Despois de todo un espectacular Carballo Interplay, a creación na rede seguirá sendo protagonista, polo menos, ata comezos de decembro. Porque os 1, 2 e 3 de decembro (ás 20.00 h) desenvolverase a cuarta edición Gala dos Premios [email protected] 2020. Este proxecto, organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo (no seu día Carballo formou parte da creación), das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, foi un punto e aparte na creación de vídeos en galego na rede, como o [email protected] Aquel-e recoñecía esta fin de semana no mesmo Interplay:

Duplicando a participación

Este ano son un total de 537 vídeos e 68 canles as presentadas duplicando a cifra de 2019.

A organización ten preparado unhas sesións retransmitidas por streaming no Youtube, e conducidas polas poetas María Lado (natural de Cee) e Lucía Aldao. Farán entrevistas [email protected] finalistas dos tres premios principais (canle, [email protected] vídeo) escollidos polo xurado: Brais Romero, Rosa Moreiras, Matías Tarrío, Xoana e Mabel Montes.

Son un total de 12 categorías (canle, vídeo, [email protected], calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1000 euros e os nove restantes chegarán aos 500 euros, sendo un total de 7.500€.

Outros certames

comentarios