Venres. 26.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

Os coles, e a rede, salvan o Entroido

Ademais dos certames que están realizando diferentes concellos a través da rede, son os Coles os que puideron manter vivo o entroido neste singular 2021. Así que xuntamos algunhas das iniciativas máis divertidas dos nosos centros de ensino.

Cómpre destacar o traballo que fixo a familia do CEIP Otero Pedraio da Laracha, que veñen de facer este lip-dup de case 10 minutos!! Impresionante.

De Brens a Ourense

Peliqueiros do CEIP Igrexa de Brens

No pequeno colexio de Brens (Cee), pese ás restricións e limitacións da pandemia, que impediron a realización da comparsa habitual, propuxeron afondar no entroido tradicional galego realizando máscaras artesanais e facendo un breve corredoiro no patio seguindo o protocolo Covid.

 

O Manuela Rial peregrinando polo mundo

Entroido do Manuela Rial Peregrinos do mundo

Dentro do que permiten os protocolos en nun estricto respecto ás normas hixiénico- sanitarias, tamén o alumnado de Infantil e Primaria do CPR Plurilingüe “Manuela Rial Mouzo” puido manter viva a faísca do Antroido. Non houbo – a seguridade debe primar neste momento- o tradicional festival con actuacións aberto ás familias no Salón de Actos, nin tampouco a degustación de pratos típicos do Antroido, mais a rapazada non deixou de desfrutar co desfile e con xogos.

Por un día, mais ben por unha tarde de venres, o CPR Plurilingüe “Manuela Rial Mouzo” transformouse nun CAMPUS STELLAE – en homenaxe a Compostela e ao Ano Santo Xacobeo- a onde chegaron debidamente ataviados peregrinos de todas as partes do Mundo: da Península Ibérica mais tamén de México, Francia, Italia, Escocia, India, Etiopía, China,…

Xa que logo, os cativos e cativas espantaron a Covid nestes tempos de pandemia, enchendo de colorido e ledicia o patio do CPR Plurilingüe “Manuela Rial Mouzo.”

Entroido no CPR Manuela Rial 2021
Entroido no Manuela Rial 2021 1

Nosa Señora do Carme

No colexio Nsa Sra do Carmen de Fisterra, celebrouse o Carnaval para non perdela tradición.

Entroido no CRA Nuestra Senora do Carme de FisterraEntroido no CRA Nuestra Senora do Carme de Fisterra1

Outras novas sobre o Entroido

Os coles, e a rede, salvan o Entroido