Impresionante o temazo que vén de lanzar Jesús Manuel Varela, do Mar de Ardora. Este "Coronavirus Rap - Costa da Morte Style" pode convertirse perfectamente no himno da corentena na comarca. O hostaleiro restaurante cabanés cambiou fogóns por guitarras, e aí está a proba da súa calidade nas dúas modalidades creativas.
Non é o primeiro tema que compón neste confinamento, pois xa nos deleitara con este #QuedanaCasa: