Venres. 29.03.2024
El tiempo

Costa da Morte

A Deputación analizou a ciencia dende unha perspectiva de xénero

Celebrouse esta fin de semana no Pazo de Mariñán as IV Xornadas ‘A luz da ciencia’, unha iniciativa do departamento que dirixe na Deputación da Coruña e que nesta cuarta edición presenta un programa, que pon o foco na perspectiva de xénero e ciencia nas aulas, na realidade laboral e teito de cristal e no enfoque na comunicación científica.

Mireia Colom e Susaina Figuera (da Fundació catalana per a la recerca i la innovació) levaron ao programa o relatorio "Didáctica das ciencias experimentais", no que se abordaron temas como a análise da didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas, a educación CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), o tratamento da perspectiva de xénero e a ciencia nas aulas, a reflexión sobre a necesidade de fomentar a vocación científica e a importancia da visibilización das mulleres na ciencia e a procura de referentes. Tamén interviron, vía streaming, Patricia Canut, Gemma Serra, Mari Luz Guenaga e Maria José Lodeiros.

A segunda sesión incluíu palestra "Ciencia, investigación e xénero", a cargo de María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García e Zulema Varela Río, todas da da Rede galega de investigadoras.

Tamén o Muncyt acolleu o relatorio "Divulgación, comunicación científica e xénero", a cargo de Maite Vence, de OBSERVER; Isa Loureiro, ilustradora, e Paula Otero Sánchez, divulgadora e científica do grupo de investigación xenomas e enfermidade.

A Deputación analizou a ciencia dende unha perspectiva de xénero