Profesionalizando o muralismo
14 de marzo de 2021 (20:22 h.)
Non está gravado na nosa comarca, pero sabemos ben do que fala esta nova reportaxe da Cooperativa Xarda. Despois de analizar a situación do ensino no rural, e a sanidade pública galega, achégase a un sector ben incomprendido, pero que paso a paso vaise afianzando como recursto artístico fundamental para humanizar as nosas vilas.
Carballo é un referente a nivel galego, pero na comarca tamén hai proxectos en Baio, Corme, Corcubión, Vimianzo ou Camariñas.
Tamén as granxas se humanizan a base de cor. Pero para facelo ben, cómpre entendelos.
Novas relacionadas
- O proxecto artístico #CormePinta enche de vida os muros de Corme.
- O Festival Artenauta, un respiro cultural na Costa da Morte.
- Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.