Xoves. 18.04.2024
El tiempo

#8M: As accións municipais máis singulares do Día da Muller

Encontro de Mulleres no MACMMO
O MACCMO acolleu un singular encontro de mulleres
#8M: As accións municipais máis singulares do Día da Muller

Ademais de vestir de morado edificios municipais, os Concellos veñen de celebrar, de diferentes xeitos, o Día da Muller. Facemos un repaso polas iniciativas municipais máis sigulares.

Xardín vertical en Vimianzo

Ademais de pasar a ver a exposición histórica polos escaparates, a visita a Vimianzo non pode quedar se ver o xardín vertical realizado pola veciñanza. Na proposta do Concello baixo o lema “(Im)plantemos igualdade, participaron asociacións, clubs, o alumnado do CEIP San Vicenzo, o alumnado do obradoiro de emprego.

Implantemos igualdade

 

Un mural en Camariñas

O Concello de Camariñas homenaxea e pon en valor os principais oficios das mulleres da zona a través dun mural no CEIP Ponte do Porto. Na peza retrátanse seis mulleres e seis oficios, incluíndo os labores máis tradicionais, ligados ao sector primario, e outros máis vencellados á investigación e á intelectualidade.
A creación componse de dous trinomios, cada un deles representa a tres mulleres e tres oficios. Por unha banda, no bloque da esquerda atópanse a labrega, a mariscadora e a astrofísica. No outro bloque, á dereita, atópanse a palilleira, a redeira e a bióloga molecular.
O mural, está a ser elaborado por Mutante Creativo.

 Mural no CEIP da Ponte do Porto

 

Manifesto audiovisual en Coristanco

Coristanco creou esta pequeza peza audiovisual con manifesto, lembrando mulleres como Clarisa Fernández Muñiz, Carmen Villar Cotelo, María Castro Romero ou Asunción Antelo Suárez, tan importantes para a historia do concello bergantiñán.

 

 

Encontro cultural no MACCMO

Interesante conversa no encontro cultural entre a xestora cultural Paula Álvarez e a cantante galega Irma Macías celebrado no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, localizado en Corme (Ponteceso). Trataron diversos temas, vencellando o mundo da arte, o papel da muller e a Costa da Morte.
A xestora cultural, que se atopa na Costa da Morte visitando ás integrantes de Dúa de Pel, becadas por esta fundación na residencia artística de Corme, explicou que un dos aspectos locais que máis lle sorprenderon foi “la generosidad de las mujeres de esta zona y la apertura para conocernos”, e animou tanto a artistas como a xestores e produtores culturais a visitar Corme e a potenciais inversores a crear máis proxectos artísticos nos que se apoie o proceso de creación.

 

 

#8M voluntario en Cabana

As redes sociais do Concello de Cabana recollen hoxe unha peza audiovisual co testemuño do voluntariado do CPI As Revoltas, que se encarga de atender á rapazada á hora das comidas.
A protagonista é Rosina Álvarez, unha das mulleres que participa no programa de voluntariado do centro escolar e que fai posible que a iniciativa salga adiante.

 

Concentración telemática en Carballo

Carballo, como fixera no 25N, artellou unha concentración na rede a través da plataforma carballoenrede.com. Unhas 250 persoas uníronse á cita, a meirande parte dende Carballo, a comarca, e vilas como Coruña ou Santiago, pero tamén dende outras partes da península.

Ademais o Concello estreou unha ruta urbana polas rúas dedicadas a mulleres pioneiras que loitaron pola igualdade, e que dende o día 8 están identificadas con placas de cor violeta nas que, ademais no nome da muller, figuran os anos do nacemento e a morte e o motivo polo que son coñecidas.
Esa nova ruta permitirache, ademais de descubrir a esas mulleres, pasear por zonas da vila con historias moi diferentes, dende o Carballo máis céntrico, onde se atopa a renovada rúa Concepción Arenal, ata a a contorna da fracasada urbanización Costa Nariga, na que se sitúan a maior parte das rúas con nome de muller. Algunhas estaban sen identificar, pero agora xa podes facer un percorrido completo por ese ámbito, por certo moi utilizado para o paseo, a través das rúas da escritora Syra Alonso (1899-1970), da xornalista Sofía Casanova (1861-1958), da activista e política Clara Campoamor (1888-1972), da actriz e bailarina Carolina Otero (1868-1965), da escritora e violinista Luisa Villalta (1957-2004), da pedagoga María Barbeito (1880-1970), da escritora e costureira María Mariño (1907-1967) ou da activista social e política Juana de Vega (1805-1872). 
Moi preto da urbanización atopamos outro conxunto formado polas rúas da escritora e xornalista Emilia Pardo Bazán (1851-1921), da pintora Maruja Mallo (1902-1995) e da actriz María Casares (1922-1996), situadas no ámbito das coñecidas como Casas de Ferreiro “por ser o seu promotor Gerardo Ferreiro”, como lembra Xan Fraga en “Crónicas de Carballo II”. O grupo está integrado por catro bloques, con 28 vivendas en total, que se remataron entre 1959 e 1960, para o aluguer de renda limitada. 

rua_sofia_casanova-carballo

 

Artigos relacionados

Novas sobre o 8M

Crónicas do 8M de 2020

Comentarios