O primeiro informativo satírico da comarca chega xa da man de Poldo Lamela e Edu López. O novo programa de "notisias”, coa produción de KCH Visuals, dirixido por Poldo e guionizado e presentado por Edu.
Nesta primeira entrega hai ademais intervencións especiais, e analizan novas como a retirada de Pequeño ou a crispación no pleno municipal de Cee, dun xeito moi singular. Non perdades as tomas falsas do final...
Máis info