Luns. 25.01.2021
El tiempo

Reiteran a necesidade de cubrir a baixa da pediatra de Fisterra

Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
Reiteran a necesidade de cubrir a baixa da pediatra de Fisterra

Daba conta esta semana a Plataforma PediatraXa MatronasXa a cantidade de concellos que non teñen pediatra a día de hoxe. Fisterra, como Cee, están sen pediatra, sendo atendidos as crianzas por un puericultor ou médico de familia.

As familias de Fisterra xa se teñen mobilizado por esta carencia, e hoxe volve ser a incansable Asociación de Veciños Costa da Morte a que envía ao SERGAS para que solvente a situación e cubra a baixa da titular do posto de pediatra no Centro de Saúde, situado na Casa do Mar, un edficio que non ten condicións para albergar un espazo sanitario.

Novas relacionadas

comentarios