Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría

“Colgados” na fervenza do Ézaro (III)… ao rescate do dron perdido

”Esta é unha historia de amizade que xurdiu desde unha situación extrema”. Así comeza o bombeiro nicrariense Rubén Suárez Carballo a súa historia protagonizada, de novo, na Fervenza do Ézaro. Xa o temos visto, en varias ocasións, literamente “colgado” na fervenza do Xallas. Pero desta volta, a espectacular acción de rapel tiña un sentido máis concreto: rescatar un dron.

Todo comezaba a última hora da tarde do primeiro domingo de maio, cando o 112 mobilizaba aos Bombeiros de Cee por un aviso dunha persoa que unha persoa tiña dificultades nos cantís da fervenza do Ézaro, con risco de precipitarse.

Esa persoa era Manuel, un camarógrafo que andaba cazando imaxes co seu dron para a Productora Audiovisual Catalá da espectacular contorna granítica. Debido á falta de cobertura, nun momento o dron perdía conexión e caía nunha zona de moi difícil acceso. Manuel, que non quería deixar perdido a súa ferramenta de traballo (era realmente da Produtora e tiña un custe duns 3.000eeuros), xogábase a vida, inconsciente, polos cantís do lugar.

Non pasou nada, e á chegada dos Bombeiros, Manuel xa descansaba abatido na pasarela do Ézaro, recoñecendo a súa “imprudencia” e contándolles aos Bombeiros o mal que o tiña pasado. Malia que sabia onde estaba o dron (polas imaxes gravadas), daba por perdido o aparato.

- “Tes algo que facer mañá pola mañá?” , preguntoulle o bombeiro Rubén Suárez Carballo, sempre desexoso de axudar e vivir novas experiencias. - “Quedamos mañá aquí e cando salga da quenda e verás como rescatamos o artiluxio e imos a comer xuntos”, espetoulle o de Negreira.

Así foi. Armaron o ancoraxe, puxéronse a facer rapel polas paredes da fervenza, e rescataron o dron que estaba “semioculto nunha selvática hendidura e en perfecto estado”. Este vídeo gravado con outro dron seu foi o seu agasallo e a amizade que une para sempre ao bo de Manuel e aos bombeiros do Parque de Cee.

NOVAS RELACIONADAS

“Colgados” na fervenza do Ézaro (III)… ao rescate do dron perdido