- Nota: este vídeo é de hai un anos, é dun barco xa desguazado, pero nos serve de exemplo ao que están facer outras embarcacións estes días.
Noite pechada na praia Langosteira de Fisterra, e apenas se oen varios motores de barcos do cerco, pero non se ven luces. Son varios barcos os que faenan en zona prohibida, xa que os cerqueiros non poden "largar" dentro da zona delimitada entre punta Cabanas ata a punta do Pindo.
Pero a súa presencia é continua, como denuncia, unha e outra vez, o teniente de alcalde Kuka Sar. “Hoxe volven estar os mesmos barcos do cerco enriba da praia”, denunciaba nas redes sociais, denunciando que a meirande parte apaga o sistema de xeolocalización AIS para non ser descuberto.
Sar explica que as redes do cerco, cubren todo o fondo mariño, dende a superficie ata o fondo, polo que "arrastran todo o que pillan".
Douse a circunstancia a pasada noite de xoves, que unha das embarcacións, o Escalador 2, unha “tarrafa” de Portosín, que tivo que que achegarse a porto porque tiña un mariñeiro enfermo.
Kuka lamenta que “a Xunta fai caso omiso, simplemente anotan”, e “espera que a Xunta tome cartas no asunto, porque acontece todas as semanas”.
Novas relacionadas
- Relevo xeracional no mar de Muros: “As nefastas políticas pesqueiras e a incerteza laboral acaban con nós” .
- Relevo Xeracional no mar en Malpica: "Por mor das cotas, tes un barco para ir á pescada e acabas apartando dela”.
Novas sobre a Pesca artesanal
- 2020 en Malpica: “O mar necesita cotas xustas que permitan que as empresas sexan sostibles” .
- 2019: O Fondo Europeo Marítimo e da Pesca esquece a pesca artesanal galega.
- 2018: 4 visións costeiras da visita da pesca artesanal galega ao Parlamento Europeo.
- Outubro 18: “Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”.