Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fisterra

Sendón: “O meu punto de referencia é a ría de Corcubión”

Manuel Sendón é un deses fillos adoptivos de Sardiñeiro, de Fisterra, que non deixa de espallar a nosa riqueza paisaxística e etnográfica. A última vez levando a súa exposición “Crebas” ao Museo do Mar de Vigo, onde retrata a singular beleza dos restos que o mar deixa no Rostro.

Para coñecer mellor a historia fotográfica deste profesor de Universidade, un dos responsables da Fotobienal de Vigo, ollamos esta peza que repasa creacións como “Espantallos”, “Derradeira sesións”, “Casas doentes”… e recoñece que “o meu punto de referencia é a ría de Corcubión”.

Sendón explica o seu amor pola nosa terra “Hai outras cousas ademais desa beleza natural, achegarme ao imaxinario colectivo nesa zona, que estaba moi separada, onde pasaban acontecimentos sucesos estranos por ser unha zona de paso de barcos.”

Novas relacionadas

Sendón: “O meu punto de referencia é a ría de Corcubión”