O pleno do pasado xoves celebrado en Fisterra deixou patente a tensión existente no grupo de goberno do Concello de Fisterra. Cando quedan 8 meses para as eleccións municipais, e despois de 7 anos de goberno de coalición, socialistas e nacionalistas deixaron entrever
Xa empezaba o pleno con certa tensión cando o alcalde Jose Marcote explicaba por que non aceptaba unha moción presentada polo BNG para solicitar o apoio plenario á recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular SOS Sanidade Pública. O alcalde, que deixou patente o seu apoio persoal, argumentou que a moción foi presentada no último minuto e non tivo tempo para estudiala polo que non aceptou a súa urxencia e nin permitiu que o pleno votase se era ou non urxente, deixándoa para o seguinte pleno. "Hai que ser serios", sinalou.
"É a primeira vez que se me nega unha moción por non terlla presentado primeiro ao alcalde", sinalou o teniente alcalde Kuka Sar. Tivo Sar que desculparse ante a Plataforma deixando claro que todas accións son para intentar aunar esforzos.
Si que votou, e aprobou, a urxencia por unha moción de modificación de crédito de 52.000€ para pagar a luz municipal.
Máis tensión houbo cando se votou sobre a moción presentada polo BNG para instar ao goberno central para abrir os procedementos necesarios para pelexar contra o veto da pesca de fondo. O alcalde considerou a proposta como “unilateral” e votou en contra avisando de que “se non somos capaces de alcanzar consensos mellor marchamos da política. Sempre hai que renunciar un pouco”. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PP e PSOE a pesar de ter todos a mesma liña, invitando a escribir unha moción de forma conxunta.