Chove, e Laxe volve inundarse. Pasan décadas e hai cousas que nunca cambia.
Si que cambión, porén a visión do PP sobre o problema cos áridos. O grupo de goberno recoñeceu no último pleno ordinario do xoves 28 de novembro que as inundacións da rúa Rosalía de Castro son culpa das dunas. Asegurou ademais que cando o estado transfira á Xunta as competencias de costas por fin poderanse retirar as dunas para que “a auga da choiva corra cara o mar como fixo toda a vida sen ter o obstáculo das dunas”.
Un cambio de opinión valorado dende o BNG, defensor sempre da eliminación destas dunas xeradas nas últimas décadas polo cambio de correntes provocadas polo novo dique. Pero en calquera caso, dende o grupo da oposición piden ao PP que "asuma responsabilidades", que deixe de "protexer ao causante da desfeita, Portos de Galicia, sin esixirlle NUNCA unha solución ao acumulamento de area e de dunas na parte baixa do paseo marítimo, onde existe o verdadeiro problema, sempre mirando para outro lado".
Lembran que "BNG xa conseguíu no Congreso que o goberno do estado estea dacordo en colaborar coa Xunta e co Concello para arranxar tan grave problema", polo que poden ao PP que se "poñan mans á obra e xustifiquen os salarios máis altos da Costa da Morte e da historia de Laxe".