Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Laxe

Laxe recupera a Romeiría Aldeán de Antón Zapata

Fermoso o proxecto que vén de recuperar Laxe no marco do proxecto de dinamización lingüística de Laxe co poeta Antón Zapata como protagonista. ‘Romeiría Aldeán’ chega da man da Escola de Música de Laxe, que este ano conta con 60 alumn@s de todas as idades. Coa axuda de Víctor M. García Pose, a entidade publica esta peza audiovisual musicando os versos de Antón Zapata García. Este traballo compleméntase con imaxes actuáis da nosa vila pero tamén históricas grazas ao arquivo fotográfico J.A. Vidal.

Ademais de Víctor M., participaron Anxo Souto, Eduardo Cundíns, Miguel Cabana, Manolo J. Dourado Martínez, Noé Vigo, Breogán e Nuno Tirado, Mario Mira, Mirco Simal, Blanca Charlín, Vera Devesa, Aroa Rey, Carmen Toja e Basilio Bello. Grazas tamén á ‘Escola de A Rúa’ de Carballo.

O texto de Zapata atópase nas páxinas 73 e 74 da reedición do poemario ‘A Roseira da Soidade’ realizada polo Concello de Laxe e a editorial Edición Xerais de Galicia no ano 2004.

Laxe recupera a Romeiría Aldeán de Antón Zapata