Fin de semana axitada en Laxe trala celebración do Pleno do pasado xoves. Un Pleno que servía para aprobar o Plan Único da Deputación, que saía adiante cos votos do PP e BNG, a abstención do PSOE e o voto en contra de Podemos.
Unha proposta de 368.075,44 € coas seguintes partidas:
- 181.290,89 € para gasto corrente do Concello.
- 41.134,99 € para a mellora das prazas do Areal.
- 145.648,10 € para a mellora do firme e saneamento no Aplazadoiro.
- 167.607,53 € para a reurbanización da Rúa do Camiño da Besugueira.
A discusión previa foi tensa, e dende Podemos Fernando Regaldie explicou que estaba dacordo coas obras pero que votaba en contra pola xestión municipal, por non terlles preguntado nada. “Nós non temos que consultar o POS coa oposición, e vós tampouco o facíalles”, en relación ao anterior goberno socialista, respondía o rexedor Paco Charlín, que tamén se excusou nos “tempos curtos” de todo o procedemento. “Poderías diferenciarte do que fixeron os anteriores se tanto os criticaques”, acabou propoñendo Regaldie, considerando que “a negativa do alcalde de abrir a participación aos grupos da oposición e ás veciñas e os veciños de Laxe para que plantexen as súas propostas de inversión, demostranto un talante antidemocrático e excluínte”.
Uso das Rede sociais municipais
Pero o máis polémico chegou ao remate do pleno, cando o PP utilizaba as redes sociais municipais para facer política, con frases como que era “inaudito” o voto en contra de Podemos. “Isto é unha demostración máis do talante autoritario e antidemocrático de Francisco Charlin e do seu grupo”, sinala Regaldie. “Consideramos que este uso partidista das páxinas oficiais do Concello é un feito de máxima gravidade polo que Unidas Podemos está valorando levar a acabo as accións oportunas e convidamos aos demais grupos da oposición a facelo conxuntamente”. “As redes sociais municipais deberían servir para informar á veciñanza sobre a actividade municipal. Esas canles que pagamos todxs non son para facer política, para iso o goberno municipal debería usar as rrss da súa organización, o Partido Popular.”
