Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe

O temporal volve anegar Laxe... en apenas 10 minutos

Chegou a tormenta á Costa da Morte, dando conta de que o verán ten os días contados. E o seu rápido paso recordou que os traballos que fixo o Concello de Laxe na rede de saneamento durante este verán non son suficientes. En apenas 10 minutos de chuvia, de boa chuvia, a rede volveu colapsar anegando toda a zona do paseo.

O vento tamén se notou pola zona, rexistrándose refachos de 84.9 km/h na estación da Gándara (Vimianzo) e de 73.7 km/h na de Río do Sol (Coristanco).

A previsión para esta fin de semana non é tan negativa, pero persiste a inestabilidade e haberá alternancia de nubes con algún chuvasco.

Tormenta eléctrica

Ademais da saraiba que deixou por parte da comarca, a tormenta tamén deixou patente o seu aparato eléctrico. Así nos enviou José Insua como entraban os raios arredor das 18:00h da tarde.

O temporal volve anegar Laxe... en apenas 10 minutos