Volve o rapeiro malpicán Ekocidio (@ekocidio_rap) cun novo temazo. Desta volta chámase “Os fillos do mar”, “unha canción que recorre experiencias personais, e tamén a vida de mariñeiros e redeiras da nosa terra”, explícanos Borja do Burato.
”Unha terra que, en máis dunha ocasión, tivo que facer honra ao seu nome, Costa da Morte. Un nome que non é por casualidade, ese mar tan salvaxe, trouxo prosperidade pero tamén traxedias. Unha arma de doble fío, unha moneda con dúas caras”.
Borja explica que o tema “está adicado a tanta xente que durante anos, o deron todo por nós. A historia viva de homes e mulleres que mantiveron esa forma de vivir e esa cultura. Agradecido eternamente de ser un fillo deles. De ser un fillo do mar”.